Apoiamos a manifestación que reivindica melloras no centro de saúde

PON1208P29F1
PON1208P29F1
Apoiamos a manifestación que reivindica melloras no centro de saúde

A situación actual do centro de saúde de Cuntis é intolerábel pola falta continuada do persoal sanitario necesario. Por esta razón, desde o BNG apoiamos a manifestación convocada para o vindeiro xoves 31 de outubro (20h) para instar á Xunta do PP a facer as melloras necesarias para proporcionar o noso concello unha atención primaria de calidade.

Desde o BNG animamos a todos os veciños e veciñas a participar nesta manifestación, porque entendemos que unha participación masiva nesta manifestación conseguiremos unha sanidade pública universal, gratuíta e de calidade.
Apoiamos a manifestación que reivindica melloras no centro de saúde