O BNG de Cuntis lamenta que o Grupo Municipal Veciñanza aproveite un fallo informático para verter na prensa insinuacións contra o Goberno Municipal.

O BNG de Cuntis lamenta que o Grupo Municipal Veciñanza aproveite un fallo informático para verter na prensa insinuacións contra o Goberno Municipal.

No pasado Pleno Municipal do día 1 deste mes de Decembro, un dos puntos da Orde do día era a aprobación dos orzamentos para 2017.

Uns orzamentos que chegaban a este pleno tras un intenso debate por parte dos diferentes grupos da Corporación Municipal, e principalmente, por parte do grupo de Veciñanza, o cal  presentara varias emendas á proposta inicial, comprometéndose a apoiar os presupostos de incluírse estas modificacións.

Estas peticións foron aceptadas polo goberno municipal do cal formamos parte, mais un problema de rede  impediu compartir a documentación definitiva cos demais grupos da corporación até unha hora e media antes da devandita sesión plenaria.

O portavoz de Veciñanza, Santiago Martínez, argumentaba no pleno, que debido a isto, o seu grupo non podía votar a favor destes  orzamentos xa que non tiveran tempo de comprobar que as súas peticións estaban incluídas, pero que non tiña dúbidas de que non había mala intención por parte do goberno.

Estas palabras poden ser escoitadas perfectamente, a partir do minuto 16 e 27 segundos, no vídeo que o propio Grupo de Veciñanza subiu ás RRSS. (pinchar aquí)

Non entendemos, polo tanto, que desde Veciñanza se estea a falar destes feitos como “manobra do Goberno local” ou “falta de transparencia”, declaracións que se poden ler no seguinte artigo de prensa. (pinchar aquí)

Pero é que ademais, sobre o problema coa rede, os servizos técnicos do Concello  informaban a todos os grupos nun correo electrónico na mañá do mércores 30 de Novembro co seguinte texto:

“Bo día,

No día de hoxe estase notificando o pleno do vindeiro xoves.

A documentación da parte resolutoria é a que xa se subiu na páxina web para as comisión informativas, salvo no caso do orzamento, que se inclúen as emendas presentadas polo Grupo Municipal de Veciñanza.

Tanto as emendas como acta da sesión anterior, remítense xuntas con este mail.

O resto da documentación, a da parte de control, non é posible cargala na páxina por problemas informáticos, e tampouco remitila por mail polo peso que ten, polo que está a vosa disposición na secretaría do Concello.”

O grupo Municipal Veciñanza tivo, polo tanto, tempo de ter consultado a información, cousa que preferiron obviar na súa argumentación, e optaron pola abstención aos orzamentos ao igual que o Partido Popular, incumprindo así a súa palabra de apoialos se se aceptaban as modificacións que eles propoñían.

Lamentamos profundamente que Veciñanza se aproveite de situacións coma esta para facer tales acusacións ao Goberno Local do que somos parte, e lamentamos aínda máis que  non apoiaran uns orzamentos  sociais, cun aumento do gasto na área de cultura, cun compromiso co turismo e que recollen a necesidade de investimento en sectores e instalacións clave para o Concello e nos que, por primeira vez, se recolle un compromiso para iniciar a peonalización do Casco Histórico da vila.

 

 

 

 

O BNG de Cuntis lamenta que o Grupo Municipal Veciñanza aproveite un fallo informático para verter na prensa insinuacións contra o Goberno Municipal.