O BNG de Cuntis demanda que a Xunta se faga cargo do centro de saúde
No día de onte, 27 de xullo de 2016, a Xunta de Galicia anunciou un acordo coa FEGAMP, mediante o cal asumía a xestión de 29 centros de saúde, que actualmente son propiedade de 25 concellos.
No día de onte, 27 de xullo de 2016, a Xunta de Galicia anunciou un acordo coa FEGAMP, mediante o cal asumía a xestión de 29 centros de saúde, que actualmente son propiedade de 25 concellos, entre eles, os de Forcarei, Poio, Ribadumia, Silleda, Mondariz e Redondela na provincia de Pontevedra.
Desde o BNG de Cuntis lamentamos a decisión da Xunta de Galicia de non incluír dentro desta listaxe ao Centro de Saúde de Cuntis, visto o enorme gasto en mantemento que este supón para o Concello e a imposibilidade de ser asumido pola institución municipal. Desde o BNG seguimos reclamando á Xunta de Galicia que se faga cargo de inmediato do centro de saúde de Cuntis, que deixen de discriminar a Cuntis e que se lle de ás veciñas e veciños deste concello unha atención e uns servizos sanitarios de calidade.
Por outra banda queremos congratularnos polo acordo acadado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para a ampliación do Complexo Hospitalario de Montecelo, área sanitaria de referencia para as veciñas e veciños de Cuntis.
Cuntis, 28 de xullo de 2016