Imprimir

COMUNICADO SOBRE O CENTRO DE SAÚDE DE CUNTIS

bng | 09 de Outubro de 2016

No día de onte, 27 de xullo de 2016, a Xunta de Galicia anunciou un acordo coa FEGAMP, mediante o cal asumía a xestión  de 29 centros de saúde, que actualmente son propiedade de 25 concellos.

No día de onte, 27 de xullo de 2016, a Xunta de Galicia anunciou un acordo coa FEGAMP, mediante o cal asumía a xestión  de 29 centros de saúde, que actualmente son propiedade de 25 concellos, entre eles, os de Forcarei, Poio, Ribadumia, Silleda, Mondariz e Redondela na provincia de Pontevedra.

Desde o BNG de Cuntis lamentamos a decisión da Xunta de Galicia de non incluír dentro desta listaxe ao Centro de Saúde de Cuntis, visto o enorme gasto en mantemento que este supón para o Concello e a imposibilidade de ser asumido pola institución municipal. Desde o BNG seguimos reclamando á Xunta de Galicia que se faga cargo de inmediato do centro de saúde de Cuntis, que deixen de discriminar a Cuntis e que se lle de ás veciñas e veciños deste concello unha atención e uns servizos sanitarios de calidade.

Por outra banda queremos congratularnos polo acordo acadado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para a ampliación do Complexo Hospitalario de Montecelo, área sanitaria de referencia para as veciñas e veciños de Cuntis.

Cuntis, 28 de xullo de 2016

Podes ver este artigo na próxima dirección http://cuntis.bng.gal/articulo/novas/comunicado-centro-saude-cuntis/20161009123204000636.html


© 2017 BNG Cuntis