O vindeiro sábado 3 de Decembro, o Concello de Cuntis estará presente na nova edición do CULTURGAL

culturgal.jpg

O vindeiro sábado 3 de Decembro, o Concello de Cuntis estará presente de primeira man na nova edición do CULTURGAL, que durante toda a fin de semana se celebra no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra.

O vindeiro sábado 3 de Decembro, o Concello de Cuntis estará presente na nova edición do CULTURGAL

A partir das 18:30 horas do vindeiro sábado, o Concelleiro de Cultura, Enrique Portela, será o encargado de presentar ao público dous motores importantes do Concello de Cuntis. Por unha banda presentará o riquisimo patrimonio co que conta o noso Concello, desde o Castro de Castrolandin ata o Patrimonio Rupestre existente. Por outra banda, tamén presentará aos asistentes a recén nacida Festa das Letras de Cuntis, que o no ano 2016 celebrou a súa primeira Edición e que no vindeiro ano 2017 volverá cargada de actividades que teñen como eixo principal a cultura galega.

O acto tera lugar no stand da Deputación de Pontevedra (93-94) entre as 18:30 e as 19:00 horas e contará tamén coa presenza do Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal.

O vindeiro sábado 3 de Decembro, o Concello de Cuntis estará presente na nova edición do CULTURGAL