Xa está aquí a segunda edición da Festa das Letras

A segunda festa das letras arrancará o vindeiro venres 12 de Maio cunha nova edición do Gale- tapas. 

Xa está aquí a segunda edición da Festa das Letras

A partires do venres 12 de Maio comezará a II Festa das Letras de Cuntis.

Está nova edición arrancará co concurso de Gale- tapas, unha ruta de tapas polos establecementos hostaleiros da vila.

O domingo 14 será a homenaxe ás músicas e músicos de Cuntis, que comezará ás 10 da mañá con ruada a cargo dos grupos locais "hai que roelo" e da agrupación de Baile Tradicional de Cuntis, e que continuará na Casa da Cultura, onde se fará o acto de homenaxe e onde se poderá ver unha exposición de fotos dos músicos de Cuntis ao longo da historia. Tamén se poderá gozar da actuación das diferentes corais do concello e da banda de musica xuvenil de Cuntis.

 O día grande será o 17, Día das Letras Galegas, que comezará coa tradicional ofrenda floral a Roberto Blanco Torres perante o seu busto na Horta do Cura. A xornada continuará con encontros literarios, música, obradoiros, concursos de pintura e actividades para @s máis cativ@s.

Serán Seis días cargados de actividades para todas as idades para homenaxear ás nosas letras, á nosa lingua, patrimonio inmaterial de todas e todos nós.

 

Consulta o programa para a Festa das letras premendo aquí 

 

Xa está aquí a segunda edición da Festa das Letras