Equipo de traballo do BNG de Cuntis
O BNG- Asembleas Abertas de Cuntis, nunha asemblea celebrada no día de onte, ven de renovar o seu equipo de traballo.
A Asemblea Local decidiu que o Responsable Local continúe a ser Servando Fuentes.
Así mesmo, aprobouse nomear como vice- responsable a Diego Torres Iglesias, licenciado en Historia na especialidade de Arqueoloxía e recoñecido defensor do patrimonio cuntiense.
Aprobouse tamén a renovación das persoas encargadas de cada área de traballo dentro do grupo municipal, que se corresponden coas áreas de goberno que xestiona o BNG no Concello de Cuntis: Cultura, Patrimonio, Educación, Comercio, Turismo, Xuventude e Normalización Lingüística.
Cuntis, 05 de xullo de 2016